A 'Rara, pero San Silvestre' ponse en marcha

Pontevedra
16 de decembro 2020

Representantes do goberno local, entre os que se atopaba o edil de Deportes, calzaron as zapatillas este martes para completar un dos 10 itinerarios previstos na particular San Silvestre pontevedresa de 2020, readaptada pola pandemia pero coas ganas habituais de promocionar a actividade física e a vida saudable

Representantes do goberno municipal na xornada inaugural da 'Rara, pero San Silvestre' Mónica Patxot

A medio mes para celebrar o fin de ano, a'Rara, pero San Silvestre' de Pontevedra, a versión readaptada aos tempos de pandemia para manter o espírito de promoción do deporte e a vida saudable da popular proba deportiva, abriu o seu período de celebración. 

Para lembralo, varios representantes do goberno local como o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e os seus compañeiros de corporación Yoya Blanco, Iván Puentes e Marcos Rey calzaron este martes as zapatillas deportivas para completar un dos 10 itinerarios previstos na San Silvestre.

"Máis que nunca, trátase dunha San Silvestre pensada para todo o mundo e na que os que non estamos tan en forma, como é o meu caso, tamén podemos achegar o noso grao de area e colaborar co Banco de Alimentos", sinalou Tino Fernández.

Para a xornada inaugural optaron por percorrer a ruta 'Entrepontes', unha das máis alcanzables ao contar con 1.000 metros de recorrido entre as pontes do Burgo e o das Correntes.

Ata o 15 de xaneiro, os que queiran participar na 'Rara, pero San Silvestre' poderán facelo inscribíndose na web da Sociedad Gimnástica, para despois rexistrar a súa actividade nos diferentes itinerarios previstos:

  1. Illa das Esculturas-Avenida de Bos Aires (4.600 metros)
  2. A Xunqueira de Alba (3.800 metros). 
  3. Puente do Burgo-Ponte das Correntes (1.000 metros) 
  4. Miradoiro da avenida de Marín-Ponte dos Tirantes (5.000 metros) 
  5. Alameda-As Palmeiras (1.200 metros)
  6. Senda do Gafos (8.400 metros)
  7. O Gorgullón-Os Gafos (1.600 metros)
  8. Parque do Miradoiro (1.400 metros)
  9. Senda do Lérez (8.000 metros)
  10. Pontillón do Castro (3.360 metros)