A que hora pasa La Vuelta?

Pontevedra
11 de setembro 2014

Chegou o día. A Volta Ciclista a España regresa á provincia de Pontevedra. Serán 157 quilómetros os que deban percorrer os integrantes do pelotón nesta décimo oitava etapa da proba. Será a segunda das cinco que disputarán en terras galegas. Unirá as localidades da Estrada e Meis, que por primeira vez acollerán unha saída ou unha chegada dunha etapa desta competición. Todo está preparado para ver un grande espectáculo

Perfil da etapa A Estrada-Monte Castrove, de La Vuelta 2014 La Vuelta

Chegou o día. A Volta Ciclista a España regresa á provincia de Pontevedra. Serán 157 quilómetros os que deban percorrer os integrantes do pelotón nesta décimo oitava etapa da proba. Será a segunda das cinco que disputarán en terras galegas. Unirá as localidades da Estrada e Meis, que por primeira vez acollerán unha saída ou unha chegada dunha etapa desta competición. Todo está preparado para ver un grande espectáculo.

A saída terá lugar ás 13.35 horas da Praza da Constitución da Estrada. Polas súas rúas protagonizarán un percorrido neutralizado de 5,5 quilómetros antes de emprender camiño cara a Cuntis pola N-640. Á vila termal, segundo os tempos que manexa a organización, chegarán ás 13.53 horas, para pasar posteriormente por Santa Lucía (Moraña) uns nove minutos despois e atravesar Caldas de Reis en torno ás 14.15 horas.

Tras dirixirse a Pontecesures e Catoira, os ciclistas poñerán rumbo a Vilagarcía. Á capital arousana teñen previsto chegar entre as 14.59 e as 15.07 horas. Alí farán un percorrido pola Avenida de Juan Carlos I, San Roque, Avenida das Carolinas e Mendoza Rodrigo, antes de alcanzar o miradoiro de Monte Lobeira. A partir de aí irán pasando por Cambados, Meaño, Dena ou Villalonga, lugar que alcanzarán entre as 15.46 e as 15.59 horas.

Despois de chegar ata A Lanzada, onde haberá un punto de avituallamento, a caravana multicolor de La Vuelta dirixirase a Sanxenxo pola PO-308 (entre 16.05 e 16.20 horas) e posteriormente a Raxó, Poio, Combarro e, por fin, a capital da provincia. En Pontevedra entrarán entre 16.32 e as 16.49 horas. Farano pola Ponte da Barca e pasarán posteriormente por Raíña Vitoria, Xeneral Rubín, Fernández Ladreda, Manuel del Palacio, Avenida de Marín, Avenida das Corbaceiras, Ponte das Correntes e Domingo Fontán.

Serán apenas seis minutos por Pontevedra, antes de emprender a primeira das subas ao Monte Castrove, que os ciclistas coroarán entre as 16.56 e as 17.16 horas. Tras o paso por liña de meta volverán baixar ata Combarro e San Xoan de Poio e posteriormente repetir o a ascensión a este porto, cualificado pola organización como de segunda categoría. O final de etapa está previsto entre as 17.29 e as 17.52 horas.

A organización da Vuelta comunicará ás respectivas policías locais e á Garda Civil a chegada dos corredores a cada un destes puntos, momento no que se procederá ao corte do tráfico en todo o percorrido co fin de garantir a seguridade dos participantes da proba deportiva, espectadores e ciclistas, polo tanto, tratará de excluír totalmente os vehículos ao longo de todo o percorrido. Cortarase ao tráfico, aproximadamente, media hora antes de paso do pelotón e irase restablecendo a medida que pasen os ciclistas.

Arquivado en