A pretemporada do Cisne empeza coa pelea pola Copa Galicia contra o Teucro B

Pontevedra
07 de agosto 2019

Cisne e Teucro B xogarán o pase á seguinte fase da Copa Galicia o mércores 14 de agosto. O venres desa mesma semana, a escadra cisneísta desprázase á Cañiza para disputar un partido contra o cadro local. Xa en setembro, o Cisne xogará dous amigables na casa, o primeiro contra o Lalín e o segundo contra A Cañiza

O Cisne comeza a adestrar Mónica Patxot

O Cisne comeza a pretemporada con un partido de rivalidade na Copa Galicia contra o filial do Teucro.

Este primeiro enfrontamento, que de amigable ten pouco, xogarano o mércores 14 de agosto e ambos os equipos loitarán polo pase á seguinte fase da Copa Galicia e o que gañe, clasificarase para a seguinte rolda que se celebrará entre os días 19 e 23 de agosto, data que aínda está por determinar. En caso de gañar, xogarán a fase final da competición na fin de semana do 31 e 1 de setembro.

O venres 16 de agosto, o Cisne viaxará á Cañiza para xogar contra o cadro local nun encontro amigable.

Xa en setembro, xogarán dous amigables máis na casa. O primeiro, contra o Lalín o martes 3 e o segundo, contra A Cañiza o venres 6.

O comezo de liga será o 14 de setembro no Rosal contra o Atlético Novás.