A Sociedad Deportiva Teucro asegura a súa portería cunha dobre renovación.
O club pontevedrés confirmou a continuidade dos seus gardametas Miguel Jiménez Pello e Martín Fernández.
"A súa soa presenza na nosa portería é sinónimo de seguridade e confianza para todo o equipo", sinala o Teucro sobre a renovación de Martín.
Con eles pasan xa a ser sete os xogadores confirmados para o que será o segundo proxecto teucrista na Primeira Nacional, ao unirse a unha lista na que xa figuraban Caue Herrera, Sergio Blond, Marko Dzokic, Miguel Monteagudo e Xurxo Rivas, ademais da adestradora Irene Vilaboa.