A xornada de inicio das probas de piragüismo en París 2024, ademais dun novo éxito de Teresa Portela e Carolina García en K-4 500, tamén se saldou co éxito de Antía Jácome e María Corbera coa súa clasificación directa para acceder á semifinal da proba olímpica de C-2 500.
Quedaron segundas na súa proba, tras as padeeiras canadenses.
No C2 500 masculino, o madrileño pertencente ao club Breogán de O Grove, Diego Domínguez, e o balear Joan Antoní Moreno, tamén conseguiron clasificarse para as semifinais, sendo segundos na serie.
Por último, a piragüista pontevedresa Carolina García competía tamén, despois da proba de K-2 500, coa asturiana Sara Ouzande na categoría K2 500.
Lograron finalmente clasificarse para as semifinais despois de situarse terceiras nos cuartos de final, cun tempo de 1:42:03.