"A permanencia está na túa man", lema da campaña de socios do Cisne para a segunda volta

Pontevedra
02 de febreiro 2023

Os prezos dos carnés para o tramo decisivo da liga Asobal varían entre os 55 euros para o público adulto e os 15 para os menores de 18 anos

Partido do II Torneo Cidade de Pontevedra entre Cisne e ABC Braga Cristina Saiz

O Cisne inicia esta fin de semana a segunda volta da liga Asobal co obxectivo de conseguir a permanencia. Para alcanzar o obxectivo todo apoio é benvido, por iso anunciaron unha nova campaña para captar abonados para este decisivo tramo de competición.

Co lema, "a permanencia está na túa man" e "volvemos para quedarnos", o equipo pontevedrés espera ampliar o seu número de socios e aumentar a asistencia de espectadores ao Municipal. 

Os prezos dos carnés para esta campaña, que permitirán o acceso aos 7 encontros que quedan por disputar ao Cisne como local, oscilan entre os 55 e os 15 euros. Para o público adulto, a cota é de 55 euros; para xubilados e univeritarios, 30 euros; e o xuvenil (menores de 18 anos), 15 euros. Ademais, existe a modalidade de Simpatizante que, por 30 euros, permite o acceso a tres partidos, excluídos os de FC Barcelona e Cangas.