A orientación tamén é un deporte para escolares

Pontevedra
06 de abril 2017

A Illa dás Escultura foi escenario do IX Campionato Provincial Escolar de Orientación Deportiva, no que participaron preto de 400 nenos e nenas de nove centros educativos

Campionato Provincial Escolar de Orientación na Illa das Esculturas Mónica Patxot

Tivo que aprazarse a finais de marzo por mal tempo, pero a espera mereceu a pena e a Illa das Esculturas converteuse nun gran escenario deportivo ao aire libre.

Alí celebrouse este mércores o IX Campionato Provincial Escolar de Orientación Deportiva, organizado polo Club Aromon Pontevedra co apoio da Xunta de Galicia a través do Programa Xogade.

Preto de 400 nenos e nenas de categoría infantil e cadete, procedentes de nove centros educativos, participaron nunha animada mañá de competición que arrincou ás 11:00 horas.

Aínda que o importante era pasar unha xornada agradable, os dez primeiros clasificados de cada unha das categorías recibiron o premio de clasificarse para o Campionato Galego que se celebrará o día 29 de abril na Coruña.