Viaxará o Pontevedra o vindeiro domingo (19:00 horas) a un campo con moita soleira no panorama futbolístico nacional, a Nueva Condomina de Murcia, pero non atoparán os granates un ambiente infernal na súa contra no intento de darlle a volta a unha eliminatoria que se puxo moi complicada tras o partido de ida.
Precisamente o resultado favorable que lograron os murcianista en Pasarón (1-3), unido a factores como o elevado do aforamento do estadio (máis de 31.000 espectadores) e que os socios deberán pasar por despacho de billetes, están a provocar que a retirada de localidades estea a ser máis lenta dos previsto inicialmente na entidade pimentonera.
O Real Murcia conta con preto de 7.500 socios, que deberán pagar entre 10 e 20 euros por ver o encontro ante o Pontevedra, mentres o prezo para o público xeral oscila entre os 15 e os 30 euros.
Esta circunstancia fai que as previsións de asistencia para o choque do próximo domingo sitúense en algo menos da metade do aforamento total do campo, xa que ata o mércores foron 6.000 os afeccionados os que se fixeron xa coa súa entrada, unha cifra en todo caso nada desdeñable na venda anticipada.
O PONTEVEDRA VIAXARÁ O VENRES
O longo do desprazamento que debe afrontar a expedición pontevedresa provocou un cambio na planificación habitual do equipo, que emprenderá a viaxe a terras murcianas tras o adestramento do venres tarde no Estadio Municipal de Pasarón.
O equipo granate fará noite de camiño e programou unha última sesión preparatoria antes de chegar a Murcia, que se desenvolverá na Cidade Deportiva Andrés Iniesta de Albacete ás 11:30 horas do sábado.