A nova campaña de socios do Cisne é "por elas"

Pontevedra
30 de agosto 2023

O club pontevedrés presentou este mércores a súa nova campaña de abonados, que protagonizan as integrantes do recentemente creado equipo infantil feminino da entidade

Presentación da campaña de socios do Cisne para a tempada 23-24 Mónica Patxot

O Club Cisne Balonmán presentou este mércores a súa nova campaña de abonados, que protagonizan as integrantes do recentemente creado equipo infantil feminino da entidade.

"Por elas. Novas batallas, mesmos obxectivos", reza o lema dunha campaña coa que a entidade pontevedresa busca consolidar a masa social gañada tras o paso do equipo pola Liga Asobal.

"Esta campaña está baseada no esforzo que imos facer co club coa parte feminina", explicou o presidente da entidade, Santiago Picallo, confiando en que a estrutura feminina poida ir aos poucos asentándose e crecendo.

En canto aos abonos "baixamos de categoría e como é lóxico axustamos os carnés á baixa", defendeu o dirixente.

Así quedan os prezos da campaña de socios do Club Cisne:

  • Público adulto: 100 euros
  • Xubilado: 55 euros
  • Universitario: 55 euros
  • Xuvenil: 30 euros
  • Simpatizante (dereito a 4 partidos): 25 euros
  • Familiar: 180 euros
  • Familiar base: 170 euros
  • Socio Protector: 300 euros