A moldava Mariana Cherdivara elimina a Lydia Pérez no Europeo de Loita

Pontevedra
12 de abril 2019

A deportista do Club de Loita Pontevedra deu unha boa imaxe pero non puido avanzar no cadro do Campionato de Europa Absoluto de Loita celebrado en Bucarest, Romanía

Lydia Pérez (de vermello), no campionato de España de loitas olímpicas celebrado en Pontevedra
Lydia Pérez (de vermello), no campionato de España de loitas olímpicas celebrado en Pontevedra /

Lydia Pérez Touriño non conseguiu avanzar ata as roldas finais no Campionato de Europa de Loita que se está celebrando en  Bucarest, Romanía.

A deportista do Club de  Loita Pontevedra deixou con todo boas sensacións, a pesar de despedirse do torneo en primeira rolda, ao ceder nun apertado enfrontamento.

Lydia competiu na categoría de -62 quilos ante a moldava Mariana Cherdivara, caendo por 2-1 e non podendo progresar no cadro.

Este resultado chega tras o acadado no Europeo da categoría Sub-23, e serve como guía para seguir traballando de fronte ao gran obxectivo do ano, o Campionato do Mundo que terá lugar en Kazajistán o próximo mes de setembro e que é a primeira cita clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.