A marinense Irene Trabazo, no posto 32 do Mundial de ciclocrós de Dinamarca

Marín
03 de febreiro 2019

Pola súa banda, Carlos Canal, júnior procedente de Maceda, conseguiu finalizar a proba na sétima posición

Irene Trabazo, na primeira xornada do Campionato de España de Ciclocrós na Illa das Esculturas Mónica Patxot

A marinense Irene Trabazo conseguiu, esta fin de semana, mellorar a súa posición no Mundial de Ciclocrós, que, nesta ocasión, disputouse na cidade danesa de Bogense. O pasado ano, a deportista finalizou a proba sub-23 en trixésimo cuarto lugar. Este domingo, con todo, grazas a un gran esforzo por parte da pontevedresa, esta cruzou a liña de meta como número 32 do mundo

O podio da mesma categoría foi para tres holandesas: en primeiro lugar, Inge Van der Heijden; Fleur Nagengast, que conseguiu a prata; e o bronce foi para Ceylin Alvarado. 

Pola súa banda, outro dos galegos convocados para a competición internacional: Carlos Canal, procedente de Maceda, logrou meterse no top 10 da proba júnior masculina. O ourensán quedou ás portas do podio pero nunha merecida e satisfactoria sétima posición.

Cabe destacar que a belga Sanne Cant proclamouse este domingo tricampioa do mundo desta modalidade ao facerse, de novo, co ouro en elite feminina.

Consulta as clasicifacións neste enlace.