A liga non dá tregua ao Teucro, que visita Benidorm "con ganas de levantarse"

Pontevedra
11 de decembro 2018

Sen apenas tempo para lamentarse da dolorosa derrota no derbi, os azuis afrontan este mércores (20:45 horas) na pista do Benidorm a última xornada do ano e da primeira volta na Liga Asobal co obxectivo de puntuar para salir dos postos de descenso

Partido entre Teucro e Ángel Ximénez no Municipal
Partido entre Teucro e Ángel Ximénez no Municipal / Diego Torrado

Sen tempo para a lamentacións. A competición non descansa para a Sociedad Deportiva Teucro, que tras a dolorosa derrota no derbi que lle meteu de novo en postos de descenso, afronta este mércores en Benidorm (20:45 horas) unha nova xornada da Liga Asobal, a última do ano e tamén da primeira volta.

"Este partido nos llega muy pronto", recoñece Luís Montes sobre o seu equipo, que "todavía estamos trabajando y asimilando la derrota del sábado" e que chega "muy justito" no aspecto físico polos problemas que arrastran varios homes importantes.

É o caso de Dani Hernández, Juan Quintas ou Facundo Cangiani, quenes "prácticamente no están pudiendo entrenar", revela o preparador pontevedrés, aínda que confían en poder axudar ao seu equipo para puntuar en Benidorm para chegar ao ecuador da tempada fóra dos dous últimos postos. Non así Iván Fernández, descartado tanto para esta cita como para a Copa do Rei por lesión.

"El equipo está dolido, pero con ganas de levantarse", resume Montes antes de visitar a "un rival muy complicado", no que o adestrador destaca o potencial da súa primeira liña e o liderado de Pablo Simonet.

Para conseguir puntuar deben cambiar cousas, e diso é consciente tanto o corpo técnico como o plantel tentando os "errores en todas las facetas del juego" do pasado sábado. Un deses aspectos, a solidez defensiva, colócase á fronte da lista de prioridades de Luís Montes.

Pola súa banda o Benidorm, tras iniciar con moita forza a tempada, chega ao encontro nunha mala dinámica e cun só triunfo no últimas sete xornadas. O alacantinos don  decimosegundos con 12 puntos, polos 7 cos que conta o Teucro.

O encontro será arbitrado polos valisoletanos Colmenero Guillén e Rollán Martín.