A ITU suspende as actividades do mundial de tríatlon e deixa o calendario de Gómez Noya no aire

Pontevedra
14 de marzo 2020

Debido á rápida propagación do COVD-19, a Xunta Executiva da ITU tomou a decisión de suspender todas as actividades do mundial de tríatlon a partir do luns 16 de marzo, afectando directamente a Javier Gómez Noya e á súa preparación para os Xogos Olímpicos de Tokio

Javi Gómez Noya proclamouse en Pontevedra campión mundial de tríatlon de longa distancia Xan Xiadas

Despois da suspensión de numerosas actividades deportivas con motivo do coronavirus, a última en caer afecta directamente a Javier Gómez Noya.

O triatleta olímpico, que se estaba preparando para os Xogos Olímpicos de Tokio en Pontevedra, tiña previsto participar nas dúas primeiras probas das World Series: a primeira en Abu Dhabi, xa posposta, e a segunda en Bermudas, o próximo 18 de abril. 

Con todo, debido á rápida propagación do COVD-19, a Xunta Executiva da ITU tomou a decisión de suspender todas as actividades do mundial de tríatlon a partir do luns 16 de marzo, pero emprenderán accións adicionais con respecto á clasificación olímpica e paralímpica en caso de ser necesario.

Desta maneira, ven afectadas todas as actividades clasificatorias mundiais, olímpicas, de paratriatlón e paralímpicas ata o 30 de abril para así manter a seguridade de todo o persoal involucrado.