A covid-19, unha preocupación para o Pontevedra ante o inicio da pretempada

Pontevedra
24 de xullo 2021

Varios futbolistas do primeiro plantel pasaron o coronavirus nas últimas semanas, segundo confirmou o director deportivo granate Toni Otero. O club atopábase este venres á espera do resultado da PCR a un dos xogadores, e o luns antes de empezar a adestrar realizarase unha rolda de test para descartar contaxios

Ángel Rodríguez e Toni Otero na presentación do corpo técnico do Pontevedra CF Cristina Saiz

O Pontevedra conta as horas para iniciar a súa pretempada, algo que ten previsto facer o vindeiro luns 26 de xullo, e vive coa incerteza de como afectará a mala evolución da pandemia á súa preparación.

"Es imposible controlarlo 100% en estos momentos", recoñeceu este venres o director deportivo da entidade, Toni Otero, confirmando que "hemos tenido ya algún positivo en la plantilla".

A pesar diso "los que sabemos que lo han pasado tienen ya PCR negativa, salvo un jugador que se ha hecho la prueba hoy (viernes)", revelou Otero.

Ante todo isto desde a entidade granate van extremar as precaucións, non só cumprindo os protocolos establecidos polas autoridades deportivas e sanitarias senón mesmo cun maior control. Así, está previsto someter ao persoal e corpo técnico a "controles cada 4 o 5 días", confirma o directo deportivo, en lugar das dúas semanas que marca actualmente a normativa.

"Creo que el Pontevedra ha sido hasta ahora un club ejemplar", defendeu Otero tras o esforzo realizado durante o último ano.

Antes de iniciar o primeiro adestramento do curso, todos os xogadores someteranse o mesmo luns a unha rolda de test de detección da covid para minimizar no posible o risco de contaxios.

PARTIDOS CONFIRMADOS

Con respecto a esta pretemporada, o Pontevedra confirmou tres choques. O primeiro deles sería o 1 de agosto, ás 20.00 horas, contra o Estradense na Estrada.

Os outros dous partidos anunciados polo club serán a eliminatoria de Copa Federación contra o Alondras, o sábado 7 de agosto, en Cangas; e ao día seguinte o Trofeo Cidade de Pontevedra en Pasarón, co Racing de Ferrol como rival.