A Federación Internacional de Tríatlon (World Triathlon) tomou a decisión de excluír das súas competicións os deportistas rusos e bielorrusos solidarizándose coa situación de Ucraína.
Desta forma a World Triathlon segue as recomendacións do Comité Olímpico Internacional e os principios da Carta Olímpica, prohibindo a participación de atletas e oficiais rusos e bielorrusos en todas as competencias internacionais ou eventos oficiais.
Esta decisión afecta directamente a un dos grandes eventos deportivos previstos en 2022 en Pontevedra, a Copa do Mundo de Tríatlon prevista para os días 23 e 24 de xullonunha proba que servirá de preparación para a Gran Final das Series Mundiais prevista para 2023.
En todo caso a Federación avanza que o seu comité executivo revisará a decisión nas súas reunións mensuais en función da evolución da situación que se está vivindo en Ucraína.
"Esta medida extrema tómase para protexer a integridade e seguridade de todos os atletas que participan en eventos", xustifica a Federación Internacional.
A Copa do Mundo de Tríatlon comenzará o 30 de abril e 1 de maio en Haeundae (Corea), para pasar despois por cidades como Osaka (Xapón), Arzachena (Italia), Huatulco (México), Pontevedra, Bergen (Noruega), Valencia, Karlovy Vary (República Checa), Weihai (China), Tongyeong (Corea) e Miyazaki (Xapón).