A conduta de Rubiales é "intolerable" e "no representa los valores que quiere transmitir el deporte" asegura Tere Abelleira

Poio
25 de agosto 2023

Tere Abelleira xunto ás outras 22 xogadoras internacionais que se proclamaron campioas do Mundial feminino de FIFA anunciou nun comunicado lanzado pola súa asociación FutPro a súa renuncia para seguir acudindo ás convocatorias da selección mentres Luís Rubiales se manteña como presidente da Real Federación

Teresa Abelleira homenaxeada en Poio

A futbolista pontevedresa Tere Abelleira, campioa do mundo coa selección española, cualificou de "intolerable" a conduta do presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales, ao bicar sen consentimento á xogadora Jenni Fermoso.

"Estas conductas no representan los valores que quiere transmitir el deporte, los míos propios ni los de la sociedad la sociedad que queremos y debemos construir entre todas, todos y todes" asegurou a xogadora.

Abelleira trasladou "todo el apoyo" á súa compañeira de selección Jenni Fermoso por ser  "la que peor lo estará pasando".

Tere Abelleira xunto ás outras 22 xogadoras internacionais que se proclamaron campioas do Mundial feminino de FIFA en Australia e Nova Zelandia este mes de agosto anunciou nun comunicado lanzado pola súa asociación FutPro a súa renuncia para seguir acudindo ás convocatorias da selección mentres Luís Rubiales se manteña como presidente da Real Federación.

"Después de todo lo sucedido durante el Mundial Femenino, queremos manifestar que todas las jugadoras que firman el presente escrito no volverán a una convocatoria de la Selección si continúan los actuales dirigentes", afirman as xogadoras no comunicado.

A noticia coincidiu coa homenaxe que o Concello de Poio brindou esta tarde a Tere Abelleira. Primeiro foi recibida no Ponte da Barca polo alcalde, Ángel Moldes, con quen realizou un percorrido nun convertible vermello pola zona das praias, ata a Praza da Chousa, en Combarro, onde lle organizaron unha festa e asinou no Libro de Honra do Concello.