A Arousa Fútbol-7 completa o seu cadro final tras unha emocionante fase previa

O Salnés
17 de abril 2017

Durante catro días de competición 80 equipos buscaron o seu pase para a fase final do torneo alevín, atopando premio a ED Ourense, Ural, Xuventude Oroso e Pabellón

Ural e ED Ourense celebran o pase á fase final da Arousa Fútbol-7 Arousa Fútbol-7 Alevín

O Estadio Manuel Jiménez de Vilagarcía viviu con emoción durante os últimos días a fase previa da XXII Arousa Fútbol-7.

O torneo internacional alevín completou o cadro de competición da fase final prevista para os días 12, 13 e 14 de maio na Lomba coa presenza dalgunhas das mellores canteiras do fútbol mundial.

Na previa enfrontábanse 80 equipos con 4 billetes en xogo para acceder ao cadro principal da competición.

Os primeiros en atopar premio, no primeiro cuadrante, foron Xuventude Oroso e Pabellón, seguindo os seus pasos este domingo a ED Ourense e o Ural.

Desta forma a fase final da Arousa Fútbol-7 quedou da seguinte maneira:

  • Grupo A: FC Barcelona, Real Madrid, Arsenal FC, Phoenix FC e Ural.
  • Grupo B: Málaga CF, Valencia CF, FC Porto, AFA Angola e Pabellón.
  • Grupo C: RC Celta, Atlético de Madrid, RC Deportivo, PSG e Xuventude Oroso.
  • Grupo D: AFC Ajax, Vilarreal CF, Manchester City, gañador da Dallas Cup e ED Ourense.