300 deportistas para a IV edición do Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal

Umia
27 de decembro 2024
Actualizado: 15:32

O trofeo, que se celebrará este sábado 28 de decembro, está organizado polo Club Acuático Umia

Presentación do IV Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal Club Acuático Umia

A piscina Antía García Silva será escenario do IV Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal.

A competición, que se celebrará este sábado 28 de decembro, está organizado polo Club Acuático Umia e foi presentada oficialmente coa presenza do alcalde en funcións, Manuel Fariña, o tamén edil Jacobo Pérez, Nuria Rodríguez como presidenta da Ferderación Galega de Salvamento, Raúl Marek (padriño desta edición), o presidente do Umia, Rubén Monteagudo, e a deportista Lidia Aboy

En Caldas daranse cita até 301 deportistas, toda unha marca de participación para a súa cuarta edición.

Deles 180 son nadadores de categoría alevín, infantil e cadete, que se completan con deportistas absolutos e máster.

Estarán representados 20 clubs, 14 deles galegos, sendo o de maior presenza o local Acuático Umia con 74 deportistas,

Cabe destacar a presenza dun club galego (Búzios-Coruche) xunto con varios castelán-leoneses como SOS La Bañeza, CSS Benavente, Oca SOS e Dragones, así como o madrileño Laguan SOS do que forma parte o padriño desta edición, o campión nacional e europeo Raúl Marek Spuznar Rosa.

O evento celebrarase en dúas sesións, de mañá e tarde, con acceso ao público até completar aforamento.

Na primeira sesión competirán a partir das 10.30 horas os deportistas absolutos e máster, e desde as 16.30 horas será a quenda da base.