12 horas de deporte e bo ambiente en Verducido co primeiro BTT Non Stop

Pontevedra
05 de outubro 2014

Preto de 200 corredores tomaron a saída nas diferentes categorías. O equipo gañador completa 25 voltas ao circuíto de 10 quilómetros habilitado na zona do Pontillón do Castro

Primeira edición do Pontevedra 12 horas BTT Non Stop Diego Torrado

Preto de 200 corredores participaron este sábado na primeira Pontevedra 12 horas BTT Non Stop, celebrada no ámbito do encoro de Pontillón do Castro, Verducido.

O bo ambiente reinou nunha proba que non era competitiva e que consistía en completar o maior número de voltas posibles ao circuíto de 10 quilómetros habilitado.

O equipo que máis voltas completou foi un dos presentados por BorjasBike, con 25 xiros entre os seus catro compoñentes.

Na categoría individual José Manuel Gómez foi quen de completar 23 voltas en solitario, logrando a sexta praza da xeral.