Alguén probou a pagar a compra de supermercado co prestixio profesional conseguido, ou co recoñecemento ao traballo ben feito?.
A filóloga, tradutora e poeta galega Yolanda Castaño fíxoo como proba evidente do que quere corroborar no seu primeiro ensaio 'Economía e poesía: rimas internas'. "Dixéronme que esa moeda simbólica coa que eramos pagados os poetas non era válida nos mercados cotiáns", lembra.
Con todo, isto é o que vén reiterándose no ámbito cultural e máis no literario e poético concretamente como foi experimentando na súa experiencia profesional nestas tres últimas décadas.
Exemplos de participacións en mesas redondas, espectáculos, recitais, xurados, comisariado de proxectos..., cuxa contraprestación pasaría por unha visibilidade, reputación, recoñecemento público, pero non económica.
Por iso embarcouse neste ensaio que recompila reflexións, interrogantes, "un tupido veo de cuestións que supuñan unha conversación incómoda, pero que merecía a pena abordar", explica.
Reivindica unha dignificación da súa profesión cuxa realidade se enfronta a paradoxos como é o feito de que "se segue estudando Literatura pero non se protexe os xeradores dese patrimonio cultural".
A autora analiza tamén o ámbito xeográfico e compara a tesitura con outros países onde si se protexe máis aos creadores. A este respecto sinala, "un índice de civilización dos países podería coincidir co número de poetas que poden desenvolverse do seu oficio".
Castaño interpela a todas as partes intervintes no sector: artistas, colectivos, institucións, administracións, axentes culturais, consumidores de cultura, etc e plasma riscos como o de "deixar a arte en mans de quen se pode permitir facelo a cambio de nada" porque termina "nunha fendidura de clase capaz de deixar fora as voces das precarias, das excluídas, das incómodas".
'Economía e poesía: rimas internas' publicado por Editorial Galaxia este pasado verán obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023.
En abril do mesmo ano fíxose co seu segundo Premio Nacional da Crítica no apartado de poesía en lingua galega e igualmente co Premio Nacional de Poesía 2023 con 'Materia'.
O poeta compostelá tamén foi galardoada como xestora cultural coa súa Residencia Literaria 1863 na Coruña e dirixe obradoiros de tradución poética, festivais e ciclos de poesía.