Xosé Fortes presenta o seu libro de memorias 'A rienda suelta'

Pontevedra
11 de setembro 2019

A presentación será este venres 13 ás 20.00 horas na zona acristalada do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Os seus fillos, a escritora Susana Fortes e o xornalista Xabier Fortes, e o director de Ediciones del Vient, Eduardo Riestra, acompañarán ao autor neste acto

O historiador Xosé Fortes Mónica Patxot - Arquivo

O historiador Xosé Fortes publicou o seu último libro, unha obra onde recolle as súas memorias baixo o título 'A rienda suelta'. A presentación deste traballo editorial será este venres 13 de setembro ás 20.00 horas na zona acristalada do Sexto Edificio do Museo, nun acto organizado polo Ateneo de Pontevedra.

O autor estará acompañado pola escritora Susana Fortes e polo xornalista Xabier Fortes, fillos do escritor; ademais de por Eduardo Riestra director de Edicións do Vento.

'A rienda suelta' contén o recordo dos primeiros anos de vida de Xosé Fortes, nos que describe o autor nado en Caroi (Cotobade) en 1934 lembra os paragüeiros que regalaban chifres aos nenos e como as eguas corrían libres polas montañas do municipio.

Ademais fai referencia ás amizades e aos soños infantís desenvolvendo un percorrido por un espazo natural e un tempo que foi desaparecendo relacionado con aquela Galicia na que se cruzaba a pobreza, o orgullo, a liberdade e a imaxinación.

O autor foi coronel do exército e profesor de historia retirado, fundador da Unión Militar Democrática, que foi procesado e condenado a catro anos de prisión e expulsado do exército ao opoñerse á ditadura franquista. En 1987 concedéronlle a  aminístía e, anos despois, a ministra de Defensa, Carme Chacón, concedeulle a medalla ao Mérito Militar polo seu "patriotismo e alta conciencia democrática".