Xornada de teatro 'baixo a choiva' en Domingos do Principal

Pontevedra
09 de outubro 2022

A segunda xornada do ciclo de teatro familiar protagonizouna este domingo, en dobre sesión, a representación 'As pitas baixo a choiva' de Teatro dos Ghazafelhos

'As pitas baixo a choiva' de Teatro dos Ghazafelhos en Domingos do Principal Cristina Saiz

Coma se dunha premonición tratase, o ceo de Pontevedra amenceu este domingo 9 de outubro encapotado e ameazando choiva, aínda que pouco importaba se o que se quería era pasalo ben nunha nova xornada de Domingos do Principal.

A segunda cita do ciclo de teatro infantil protagonizárona 'As pitas baixo a choiva' de Teatro dos Ghazafelhos.

Nesta adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero as súas protagonistas, Ludivina e Tereija, que viven nun curral, esperan a visita de Ricardiño, o neno que xoga con elas en ocasións. O mal tempo con todo provoca nelas o seu temor para perderse unha xornada de xogo, polo que se poñen en contacto co Galo Chafarís e o raposo Rosende para buscar solucións.

Como cada xornada de Domingos de Principal, a obra contaba con dobre representación no Teatro Principal de Pontevedra ás 12.00 e ás 18.30 horas.

Tras esta cita, a próxima parada do ciclo será o domingo 16 de outubro con 'A cazola de Lola’', de Tanxarina (Galicia), unha obra recomendada a partir dos 5 anos.