Xan de Campañó, "mestre de mestres gaiteiros", será a figura central do XIV Memorial Ricardo Portela

Pontevedra
03 de xullo 2013

Xan Tilve Castro, máis coñecido como Xan de Campañó, será o gaiteiro homenaxeado no XIV Memorial Ricardo Portela que se celebrará na cidade de Pontevedra os próximos 12 e 13 de xullo. Faino repetindo o formato da pasada edición, que supuxo comezar unha nova etapa neste evento, ao deixar de lado o tradicional concurso de gaitas para honrar cada ano á figura "fundamental" dun dos nosos músicos máis populares

Presentación do XIV Memorial Ricardo Portela no Concello de Pontevedra PontevedraViva

Xan Tilve Castro, máis coñecido como Xan de Campañó, será o gaiteiro homenaxeado no XIV Memorial Ricardo Portela que se celebrará na cidade de Pontevedra os próximos 12 e 13 de xullo. Faino repetindo o formato da pasada edición, que supuxo comezar unha nova etapa neste evento, ao deixar de lado o tradicional concurso de gaitas para honrar cada ano á figura "fundamental" dun dos nosos músicos máis populares.

Segundo explicou Álvaro Novegil, presidente da Asociación de Gaiteiros das Rías Baixas, Xan de Campañó foi o "precursor" da técnica do toque pechado, que posteriormente empregaron os gaiteiros de Soutelo ou o propio Ricardo Portela. Fíxoo "nun momento moi complicado porque apenas había artesáns e as gaitas mesmo as fabricaban eles", malia o cal "soubo levar a nosa música e a nosa gaita a un lugar moi importante".

Foi, destacou a concelleira de Festas, Carme da Silva, unha figura "moi importante" da música tradicional galega e era un "mestre de mestres" admirado polo propio Ricardo Portela. Desde o Concello de Pontevedra queren ademais que esta homenaxe a Xan de Campañó sirva tamén para darlle á cultura "o lugar que lles corresponde", especialmente nun momento "non que non é doado pelexar polo noso patrimonio cultural".

A programación do XIV Memorial Ricardo Portela, protagonizada por grupos saídos do concurso de anos anteriores como un "recoñecemento a todos eles", é a seguinte:

Venres 12 de xullo

  • De 17.00 a 21.30 horas: XI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, na Praza da Ferrería
  • 19.30 horas: Pasarrúas de Os de Algures
  • 21.00 horas: Actuación de Os Melidaos, na Praza da Ferrería

 

Sábado 13 de xullo

  • De 11.30 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas: XI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, na Praza da Ferrería
  • 12.00 horas: Pasarrúas de Os Picurruchos
  • 19.30 horas: Pasarrúas de Abelente e Ludovaina
  • 21.00 horas: Homenaje a Xan de Campañó, na Praza da Ferrería
  • 21.15 horas: Actuación de Zurrumalla, na Praza da Ferraría

 

No acto central deste XIV Memorial Ricardo Portela, a homenaxe a Xan de Campañó, estarán presentes as familias de ambos gaiteiros e volverase a tocar a gaita de Xan de Campañó. Será grazas ao musicólogo Pablo Carpintero.

Arquivado en