Visitas guiadas pola exposición ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’, a partir do 8 de xaneiro

Pontevedra
01 de xaneiro 2022

O Museo de Pontevedra establece estas visitas durante os sábados, a partir das 12.00 horas, sen necesidade de apuntarse previamente. A exposición pode verse tamén durante estas xornadas festivas, do mesmo xeito que a mostra de 'Origami. De papel a obra de arte'. Ámbalas dúas permanecen abertas no Edificio Castelao

'Origami, de papel a obra de arte' Mónica Patxot

O Museo de Pontevedra establece a partir do sábado 8 de xaneiro a opción de realizar visitas guiadas á exposición 'Castelao en Europa. A viaxe de 1921'. O percorrido realizarase con persoal do equipo do departamento de Educación e non é necesario apuntarse previamente para formar parte da visita.

A proposta está prevista para os sábados ás 12.00 horas no Edificio Castelao.

Precisamente este edificio do Museo e o Sarmiento durante estas datas de vacacións do Nadal atópanse abertos para aquelas persoas interesadas en coñecer a colección permanente, a mostra de Castelo e tamén a de 'Origami. De papel a obra de arte'.

Os horarios dos edificios é de martes a sábados, de 10.00 a 21.00 horas e os domingos, de 11.00 a 14.00 horas. Os luns permanecen pechados por descanso do persoal do mesmo xeito que o 6 de xaneiro, con motivo da festividade de Reyes.