Unha xornada de Domingos do Principal para 'sementar' o amor polo teatro

Pontevedra
14 de marzo 2021

'Semente - O homem que plantava árvores'  protagonizou este 14 de marzo o ciclo Domingos do Principal, cunha dobre representación a cargo da compañía portuguesa Ajidanha

Representación de 'Semente - O homem que plantava árvores' en Domingos no Principal Cristina Saiz

A compañía portuguesa Ajidanha protagonizou este domingo 14 de marzo a xornada do ciclo Domingos no Principal.

Fíxoo traendo ao Teatro Principal a obra 'Semente - O homem que plantava árvores', representada en dobre sesión (12.00 e 18.30 horas) coas medidas de seguridade e de control de aforo pertinentes.

A obra centrábase nunha historia sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo, narrando a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do sitio onde vive un lugar especial.

A próxima cita de Domingos do Principal será o día 21 de marzo co 'Crusoe' da compañía Markeliñe.