Unha performance na praza de Ourense dá paso ao ciclo Danza Pontevedra

Pontevedra
11 de abril 2023

Unha acción artística de doce minutos que serviu para promocionar este evento que terá lugar entre o Teatro Principal e o Pazo da Cultura de Pontevedra e contará na súa programación con palestras, obradoiros e espectáculos  

Performance previa ao inicio do ciclo 'Danza Pontevedra' Mónica Patxot

O ciclo 'Danza Pontevedra' tivo este martes un adianto na Praza de Ourense coa performance "A raíz de" de Daniel Rodríguez.

Unha acción artística de doce minutos que serviu para promocionar este evento que terá lugar entre o Teatro Principal e o Pazo da Cultura de Pontevedra e contará na súa programación con palestras, obradoiros e espectáculos.

A programación arrancará o mércores 12 de abril ás 10:00 horas no Pazo da Cultura cun taller de soma, impartido por Javier Martín e destinado especialmente ao alumnado de Belas Artes. Ás 19:30 haberá unha "conferencia oximórica" a cargo tamén de Javier Martín, aberta para todo o público, na que falará sobre a súa experiencia ao rededor da danza.

As xornadas continuan o sábado 15 ás 18:30 horas cunha palestra no Teatro chamada "Idadismo e cuestións xeneracionais sobre a danza contemporánea", seguida por Acciones sencillas, de Jesús Rubio, ás 20:30 horas no Pazo.

Para o venres 14 de marzo, ás 20:30 horas no Pazo da Cultura, está anunciado "Cuando le permito al cuerpo aquello que digo". O programa Residencias Paraíso de Colectivo RPM e o Concello de Pontevedra suman forzas para acompañar o proceso de creación da artista pontevedresa Alejandra Balboa.

Esta colaboración dá a oportunidade o espectador de coñecer en formato "work in progress" o traballo desta creadora.

As entradas para os espectáculos de pago, 'Figuras no Limiar' de Javier Martín (xoves 13 ás 20.30 horas), a estrea en Galicia de 'Acciones Sencillas' de Jesús Rubio Gamo (sábado 15 ás 10.30 horas) e 'DeMente' de Fran Siera (domingo 16 ás 19.00 horas), xa están á venda en Ataquilla.com. Os tres espectáculos terán lugar no Auditorio do Pazo da Cultura.

O prezo invidual destes espectáculos é de 8 euros (4 euros para estudantes, desempregados e maiores de 65) e en formato bono triple para os 3 espectáculos a un prezo de 15 euros.