Unha gran gala de maxia brillará este domingo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Pontevedra
03 de marzo 2024

Durante toda a xornada continuarán os obradoiros e actividades no Pazo da Cultura de Pontevedra dentro da 25 edición do Salón do Libro. Ás 19.00 horas vai desenvolverse a gran gala de maxia cos mellores magos infantís de España reunidos polo Mago Paco. Subirán ao escenario Joshua Kennet, Lore Lavand, Mago Rafa, Dani Polo e tamén o Mago Paco

Obradoiros no Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2024 Cristina Saiz

Dinosauros ilustrados por Rena Ortega; unha sesión de contos con Pavís Pavós; un dobre encontro de contos para bebés con Sherezade Bardaji; música e historias con Migallas Teatro; relatos para bebes con Alicia Molina; un taller gastronómico con Reviravolta e outro de ilustración a cargo de La Platanera; ademais da maxia dos videoxogos co MUVI son as propostas que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil presentan este domingo 3 de marzo no Pazo da Cultura dentro da programación deste evento que alcanza xa a súa 25 edición.

Tamén se ofrece a proxección de 'Mironins', cinema infantil da man do Cineclube Pontevedra no Teatro Principal cunha película que xoga coas creacións do artista Joan Miró. Será a partir das 12.00 horas.

O punto culminante da xornada chegará ás 19.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura coa Gran Gala de Maxia destinada ao público familiar con entradas a un prezo de tres euros.

O Mago Paco é o encargado de reunir aos mellores meigos infantís de España para ofrecer un espectáculo fascinante repleto de humor e con sorpresas constantes.

Ao escenario subiranse Joshua Kennet, Lore Lavand, o Mago Rafa, Dani Polo e o propio Meigo Paco que farán unha demostración das posibilidades do ilusionismo para captar a atención de nenos e adultos.