O Centro Asociado da UNED en Pontevedra tiña previsto conmemorar o Día Internacional da Música cun concerto protagonizado pola Banda de Música Unión de Lantaño, de Portas, durante este sábado 30 de novembro a partir das 19 horas no salón de actos do centro universitario en Monte Porreiro.
Durante este mesmo venres, desde a UNED informaron da cancelación do concerto previsto nas instalacións universitarias sen indicar as causas que motivan esta suspensión.
A Banda de Música Unión de Lantaño, de Portas, é unha das bandas de música máis prestixiosas e antigas de Galicia, cuxas raíces se remontan á última década do século XIX.