Un inicio de Festival Revenidas con 6.000 persoas con ganas de música

O Salnés
13 de setembro 2024

Seis mil persoas déronse cita o xoves na primeira xornada do festival Revenidas para ver os concertos de bandas como Lendakaris Muertos, Muchachito Bombo Infierno e Dakidarría

Primeira xornada do Festival Revenidas 2024

Seis mil persoas déronse cita o xoves na primeira xornada do festival Revenidas, en Vilaxoán, para disfriutar dos concertos de bandas como Lendakaris Muertos, Muchachito Bombo Infierno e Dakidarría.

Un inicio pletórico, con forza, bo ambiente e moitas ganas do que aínda está por chegar, e é que o festival continúa este venres con grandes nomes como La Pegatina, Miss Bolivia ou Fillas de Cassandra.

Vilaxoán viste estes días as súas mellores galas, coa localidade chea de visitantes e as zonas de acampada habilitadas completas.

Todo iso para desembocar na gran xornada prevista para o sábado, que arrincará xa ás 11.00 horas da mañá e que contará con actuacións de Talco, The Rapants, Tanxugueiras, Guadi Galego ou El Kanka, por citar algúns dos nomes dunha edición que promete diversión ata o vindeiro domingo día 15 de setembro.

Consulta aquí o cartel completo e os horarios do Festival Revenidas 2024.