Un incombustible Víctor Manuel amplía un día máis as Festas da Peregrina

Pontevedra
23 de agosto 2022

Tras oito días cheos de música, as Festas da Peregrina tiveron este luns unha 'bóla extra'. Antes de desmontar o escenario da Praza de España, un último artista subíu a el. Foi un dos grandes da música española, Víctor Manuel

Concerto de Víctor Manuel na Praza de España de Pontevedra

Tras oito días cheos de música, as Festas da Peregrina tiveron este luns unha 'bóla extra'. Antes de desmontar o escenario da Praza de España, un último artista subíu a el. Foi un dos grandes da música española, Víctor Manuel.

O incombustible cantautor asturiano chegou a Pontevedra, dentro da programación do Xacobeo 21-22, no marco de xira que iniciou por todo o país para celebrar os seus 75 anos.

Fíxoo cun espectáculo que denominou La Vida En Canciones - El escenario todo lo cura, no que repasou os grandes temas da súa prolífica e exitosa carreira artística.

Así, entre outros, soaron temas como Solo pienso en ti, La planta 14, Bailarina ou Quiero abrazarte tanto, que corearon con el os miles de pontevedreses que acudiron a escoitalo.

As Festas da Peregrina despídense, agora si, ata o ano que vén tras ofrecer en Pontevedra, entre outros, os concertos de Camela, Coque Malla, Zahara, Ilegales, Los Planetas, Juancho Marqués, Fernando Costa ou Treixadura.