Un centenar de artistas instalan no Museo unha árbore solidaria cos nenos de Palestina

Pontevedra
16 de decembro 2023

Máis de cen artistas de distintos lugares do mundo colaboran nunha campaña do Ateneo de Pontevedra para recadar axuda para os nenos de Gaza mediante a venda de obras

Árbore solidaria da campaña "Cos nenos e nenas de Palestina" Ateneo de Pontevedra

Máis de cen artistas de distintos lugares do mundo colaboran nunha campaña do Ateneo de Pontevedra para recadar axuda para os nenos de Gaza mediante a venda de obras.

A campaña "Cos nenos e nenas de Palestina" instalou no Museo de Pontevedra unha árbore de Nadal decorado con pezas de arte que se venden a prezos alcanzables para recadar fondos para a ONG Save the Children.

Son debuxos, acuarelas, gravados e fotos que se venden a prezos alcanzables e que figuran descritos nas tarxetas que decoran a árbore de Nadal.

Trátase dunha iniciativa impulsada por Antón Sobral que ademais do Museo de Pontevedra plantará máis árbores solidarias noutros lugares tanto de Pontevedra como doutras cidades galegas.

Desde o Ateneo de Pontevedra facilitan un correo electrónico para que aquelas persoas interesadas en colaborar nesta campaña adquirindo unha peza de arte poden facelo escribindo a ateneodepontevedra@yahoo.com o cliente ingresará o pago na conta do Ateneo. A campaña prolongarase durante un mes.