'Un camiño posible', un obradoiro cinematográfico polo río Lérez

Pontevedra
25 de abril 2018

Novos Cinemas programa un taller cinematográfico para os estudantes da Universidade de Vigo. O protagonista central desta nova iniciativa é o cineasta galego Eloy Enciso, que toma o relevo dos talleres que realizou Oliver Laxe no 2017

Rodaxe no río Lérez Novos Cinemas

Novos Cinemas programa un taller cinematográfico para os estudantes da Universidade de Vigo. O protagonista central desta nova iniciativa é o cineasta galego Eloy Enciso, que toma o relevo dos talleres que realizou Oliver Laxe no 2017.

Baixo o nome 'Un camiño posible', as actividades desenvolveranse durante os meses de setembro, outubro e novembro na cidade de Pontevedra.

En 'Un camiño posible', Eloy Enciso propón o aproveitamento do espazo cotián para o achegamento á creación cinematográfica nas inmediacións do río Lérez. A través de dinámicas en grupo e intercambio e discusión de ideas, os aspirantes cineastas poderán desenvolver as súas capacidades e descubrirse de maneira artística co fin da gravación e edición do seu primeiro filme.

O taller contará co reducido número de 10 prazas. O equipo de Novos Cinemas seleccionará por votación aos aspirantes ao taller. O método de inscrición levará a cabo vía formulario online que solicitará tamén un currículo abreviado. Os seleccionados serán coñecidos o 5 de agosto

Eloy Enciso, formado en Ciencias ambientais e documental en Cuba, acumula baixo o seu brazo premios en diversos festivais internacionais como o de Buenos Aires Festival Internacional de Cinema Independente (BAFICI) ou o Viennale en Viena. Tras a súa película 'Arraianos', desenvolve o seu proxecto "Longa  noite" grazas á prestixiosa bolsa Radcliffe da Universidade de  Harvard.