Últimos días para apuntarse ao novo grupo de música tradicional do campus

Pontevedra
19 de outubro 2023

O prazo para inscribirse finaliza este sábado 21 de outubro. Esta agrupación é independente da aula permanente e vai dirixida a alumnado con coñecementos musicais

O campus de Pontevedra contará cun novo grupo de música tradicional DUVI - Campus Pontevedra - Universidade de Vigo

O Grupo de Música Tradicional, unha nova agrupación dentro do campus de Pontevedra, selecciona a dez persoas con coñecementos musicais para traballar na preparación do repertorio baixo a dirección de Marina Fernández Vigo, gaiteira de Sondeseu e Os Melidaos.

É ademais profesora de gaita e percusión no Conservatorio Profesional de Vilagarcía de Arousa e directora da sección instrumental de Cantigas e Agarimos.

O prazo para apuntarse finaliza o sábado 21 de outubro e poden inscribirse tanto representantes da comunidade universitaria como persoas que participan no presente curso na Aula Permanente de Música Tradicional Galega, da que forman parte máis de corenta persoas para manexar diferentes instrumentos populares de Galicia.

A intención é crear un grupo de calidade, integrando a membros da aula e que represente á Universidade de Vigo en distintos foros, segundo explica #Luis Torres, director de área adxunta a Vicerreitoría no DUVI.

A formación buscará mergullarse no mundo da música tradicional recompilando pezas populares