Tristán Ulloa e Gonzalo de Castro en escea: Pódese comprar o perdón familiar?

Pontevedra
21 de outubro 2019

O Pazo da Cultura de Pontevedra foi escenario este domingo da obra de teatro El Precio, interpretada por Tristán Ulloa, Gonzalo de Castro, Eduardo Blanco e Elisabet Gelabert

Obra de teatro "El Precio" Diego Torrado

O Pazo da Cultura de Pontevedra foi escenario este domingo da obra de teatro El Precio, interpretada por Tristán Ulloa, Gonzalo de Castro, Eduardo Blanco e Elisabet Gelabert.

O público pontevedrés puido gozar da historia de dous irmáns que se reencontran no faiado da casa familiar despois de 16 anos sen falarse. 

A trama consistía en que en pouco tempo, a casa debe ser demolida e Víctor, un humilde policía a piques de retirarse, e a súa esposa Esther convocan ao irmán maior, Walter, cirurxián de éxito, a un encontro co taxador para decidir o prezo dos vellos mobles familiares. Todo vai ben, ata que os recordos fan espertar as pantasmas pechadas neste vello ático.

Ten todo un prezo, pódese comprar o perdón familiar?

A obra sitúa ao espectador ante un debate moral: o triunfo como unha forma de fracaso, a familia como unha condena.

Este clásico do teatro contemporáneo de Arthur Miller, está dirixido por Silvia Munt.