'Traidor no inferno', conspiración bélica no ciclo 'Entre Tebras'

Pontevedra
27 de febreiro 2020

O título que se proxectará este venres 28 será 'Traidor no inferno', do emblemático director austriaco Billy Wilder. A sesión, que dará comezo ás 19.00 na Casa das Campás, terá entrada de balde ata completar o aforo

Fotograma de 'Traidor no Inferno', de Billy Wilder PontevedraViva

Un vernes máis os afeccionados ao xénero de conspiracións da capital pontevedresa terán unha cita co ciclo 'Entre Tebras', no que repásanse algunhas das obras clave do cinema negro.

O título que se proxectará este venres 28 será 'Traidor no inferno', do emblemático director austriaco Billy Wilder. A sesión, que dará comezo ás 19.00 na Casa das Campás, terá entrada de balde ata completar o aforo.

En 'Traidor no Inferno' asistimos ao día a día dun grupo de aviadores estadounidenses nun campo de prisioneiros alemán durante a Segunda Guerra Mundial. Despóis dun errado intento de fuga comeza a xurdir a sospeita de que, entre eles, se atopa un traidor que colabora cos nazis.

O seis veces oscarizado Billy Wilder adapta unha obra de Broadway que oscila entre a comedia e o drama e que foi un éxito de crítica e público que se saldou co Oscar ao mellor actor protagonista para William Holden.

Ficha
Título: Traidor no Inferno (Stalag 17)
Director: Billy Wilder
Ano: 1954
País: Estados Unidos
Duración: 120 min.