Os 'toques de leghón' volveron resoar polas principais rúas e prazas do centro histórico de Pontevedra. Foi cunha nova edición da Aña Urbana, organizada pola asociación cultural Trépia.
Aínda que o epicentro desta xornada de música tradicional estivo na carpa situada na Praza de España, os participantes levaron os seus bailes, como é habitual, pola zona histórica da cidade.
Artesanía, xantares, roteiros, exhibicións de bailes e rituais tradicionais e os clásicos 'toques de leghón' animaron un serán festivo no que tradición, música e lecer colectivo foron da man.
Durante todo o día, a carpa da Praza de España acolleu o mercado artesanal, o xantar de confraternidade, unha actividade infantil desenvolvida por Polo Correo do Vento ou as actuación de Cantos de Taberna e dos grupos da escola Trépia.
O fin de festa correu a cargo do grupo Lagharteiras e dun serán que se prolongou ata primeiras horas da madrugada.

