Teatro Tanxarina presenta "A cazola de Lola" en Domingos do Principal

Pontevedra
14 de outubro 2022

Este domingo 16 ofrécese este espectáculo que trata a diversidade funcional dirixido a un público de máis de cinco anos. A representación ofrece unha metáfora sobre os condicionantes na infancia e como tratalos

Cartel de 'A cazola de Lola', de Tanxarina Teatro Tanxarina Teatro

Lola sempre arrastra un cazo, un elemento que é o único que chama a atención da xente para pesar do gran sentido artístico da nena. Con esta metáfora desenvólvese o argumento de 'A cazola de Lola', o espectáculo que este domingo represéntase dentro do ciclo de teatro familiar Domingos do Principal.

Trátase dunha obra de Tanxarina Teatro que analiza a diversidade funcional e está destinado a público de máis de cinco anos. A compañía ofrece unha visión tenra e divertida sobre diversos niveis de comprensión de determinadas capacidades infantís.

Eduardo Cunha 'Tatán' Miguel Borines e Andrés Giráldez son os intérpretes deste espectáculo que está dirixido por Tanxarina e Cándido Pazó. A duración é de cincuenta minutos.

Tanxarina suma numerosos premios ao longo da súa traxectoria artística con catro galardóns María Casares e caracterízanse por ofrecer obras que logran facer pensar ao mesmo tempo que divirten.

Unha vez máis, Domingos do Principal ofrece dous pases, un ás 12.00 horas e outro ás 18.30 horas no Teatro Prncipal de Pontevedra. As entradas atópanse á venda en ataquilla.com. No caso de que non se esgoten, venderanse no despacho de billetes do recinto unha hora antes de cada función. Este ciclo está organizado por Teatro Akatro e o Concello de Pontevedra.