Tanxugueiras abarrota a Praza de España

Pontevedra
19 de agosto 2024

O trío de pandereteiras fixo un repaso á súa traxectoria musical cantando o seu gran éxito 'Terra', co que se presentaron ao Benidorm Fest en 2022, ou 'Pano Corado', un himno no que reivindican o amor libre e a diversidade

 

Concerto de Tanxugueiras

Tanxugueiras, substitutas do dúo Pimpinela, puxeron este domingo a nota musical ás Festas da Peregrina nunha Praza de España abarrotada.

O grupo formado por Aída Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro presentou en Pontevedra o seu single 'Pedindo perdón', no que falan da saída dunha relación tóxica e reivindican o empoderamento feminino.

O trío de pandereteiras tamén fixo un repaso á súa traxectoria musical cantando o seu gran éxito 'Terra', co que se presentaron ao Benidorm Fest en 2022, ou 'Pano Corado', un himno no que reivindican o amor libre e a diversidade.

Antes, ás 21:00 horas, a Banda de Música de Pontevedra e Pelepau actuaron na Praza da Ferrería.

Este luns 19 de agosto Anxo Araujo, na Praza da Ferrería (21:00 horas), e Los 40 Sesións, na Praza de España (22:30 horas) pecharán a programación das Festas da Peregrina.