O festival Costa Feira volverá a Sanxenxo o próximo verán, cunha programación de concertos entre o 25 de xullo e o 25 de agosto que incluirá a grandes figuras do panorama nacional en internacional.
Desde o festival xa confirman que no cartel estará Taburete, que repite nesta cita en Sanxenxo e este 2024, ademais, dará o seu único concerto en Galicia.
Esta única data en Galicia queda fixada para o 21 de agosto e as entradas xa están á venda. .
Taburete, a banda formada por Willy Bárcenas e Antón Carreño, xurdiu dun cúmulo de casualidades e coa única pretensión de facer música e pasalo ben. 9 anos e 5 álbums despois, este grupo clasificado como pop-rock pero que traballou numerosos estilos musicais segue sacando música e sobre todo deixándose a pel nos escenarios.
En 2024, volve á estrada cunha xira que conducirá ao seu sexto álbum. O ambiente festivo e a diversión seguen estando garantidas, así como os seus grandes éxitos.