Suspendido o concerto que conmemoraba o centenario da Sociedade Filarmónica de Pontevedra

Pontevedra
16 de marzo 2021

A Xunta Directiva da Sociedade FIlarmónica de Pontevedra viuse obrigada a suspender o concerto que tiñan previsto o próximo venres 26 de marzo. Isto débese ás restricións sanitarias que se veñen de aprobar para tratar de aminorar os contaxios da covid-19

Concerto da Sociedade Filarmónica de Pontevedra Sociedade Filarmónica de Pontevedra

A Xunta Directiva da Sociedade FIlarmónica de Pontevedra viuse obrigada a suspender o concerto que tiñan previsto o próximo venres 26 de marzo. Isto débese ás restricións sanitarias que se veñen de aprobar para tratar de aminorar os contaxios da covid-19. 

O concerto íase levar a cabo coa intención de commemorar o centenario da fundación da Sociedade FIlarmónica. Aínda que a Xunta Directiva era consciente de que non ía ser posible realizar o concerto en circunstancias de normalidade, aseguran que a noticia supuxo unha decepción.

No caso de levarse a cabo, teríase que establecer unha limitación no aforo do auditorio.  O Auditorio Sede Afundación de Pontevedra era o espazo escollido para dita audición.

A función, que ía estar a cargo da Orquesta Sinfónica de Galicia baixo a dirección do maestro hispano-estadounidense François López-Ferrer, presentaba un programa con obras de Eduard Lalo y Tchaikowsky, na que a violinista Clara-Jumi Kang actuaba como solista na obra.

A Sociedade Filarmónica de Pontevedra inaugurouse un 23 de febreiro de 1921, aínda que o primeiro concerto da súa historia data do 26 de marzo dese mesmo ano, a cargo do Cuarteto Rosé de Viena. Dende a directiva explican que "cen anos máis tarde de aquel día, e grazas á disposición da Orquesta Sinfónica de Galicia, a Xunta Directiva da Sociedade programara este concerto conmemorativo que agora, por culpa da pandemia, non quedou máis remedio que suspender".

A pesar disto, a xerencia da Orquesta Sinfónica de Galicia e a Sociedade Filarmónica de Pontevedra xa chegaron a un acordo para que, cando as circunstancias o permitan, poidan levar a cabo un concerto que sirva para conmemorar este centenario, aínda que a data non coincida coa da fundación da Sociedade.