Supersuckers, Los Enemigos, Marky Ramone e Siniestro Total, nun Cultura Quente que se amplía a dous días

Umia
22 de abril 2016

Tras tres anos de parón, o festival Cultura Quente regresou en 2015 á carballeira de Caldas de Reis. Fíxoo con gran éxito, reunindo a preto de 5.000 persoas. E por iso, a organización decidiu amplialo nesta ocasión a dous días. Celebrarase o 24 e o 25 de xuño cun ambicioso cartel de artistas e bandas nacionais e internacionais que farán as delicias dos amantes do rock

Presentación do festival Cultura Quente 2016 Deputación de Pontevedra

Tras tres anos de parón, o festival Cultura Quente regresou en 2015 á carballeira de Caldas de Reis. Fíxoo con gran éxito, reunindo a preto de 5.000 persoas. E por iso, a organización decidiu amplialo nesta ocasión a dous días. Celebrarase o 24 e o 25 de xuño cun ambicioso cartel de artistas e bandas nacionais e internacionais que farán as delicias dos amantes do rock.

Así, o festival Cultura Quente 2016 contará como cabeza de cartel aos estadounidenses Supersuckers e ao veterano Marky Ramone, o batería de The Ramones, que chegará a Caldas de Reis coa súa actual banda en solitario.

Xunto a eles, na carballeira caldense actuarán tamén bandas referentes do rock nacional como Los Enemigos, Siniestro Total, Havalina, The Soul Jacket, Agoraphobia, El Drogas e Ilegales, segundo desvelouse na presentación.

Cultura Quente, organizado por Radio Caldas e patrocinado polo Concello de Caldas, Turismo Rías Baixas e Estrella Galicia, manterá a esencia de festival roqueiro popular a prezos alcanzables.

O abono de lanzamento xa está á venda por tempo limitado en Clicentradas.es a un prezo de 26 euros máis gastos e a entrada diaria a 18 euros máis gastos.

Ademais, haberá acampada solidaria e por 3 euros os asistentes pódense instalar coas súas tendas de campaña nun espazo acondicionado para a ocasión. A recadación doarase integramente aos refuxiados sirios.