A soprano canadense Bonnie Marie Cooper Kowalski dará un concerto de Nadal na UNED

Pontevedra
07 de decembro 2024
Actualizado: 12:42

O Centro Asociado da UNED en Pontevedra ofrecerá ao público un concerto de Nadal o vindeiro mércores 18 de decembro

Sede da UNED en Monte Porreiro UNED Pontevedra

O Centro Asociado da UNED en Pontevedra ofrecerá ao público en xeral un concerto de Nadal.

Farao no salón de actos do centro universitario o mércores 18 de decembro a partir das 19.30 horas.

O recital correrá a cargo da soprano e mestra de canto canadense Bonnie Marie Cooper Kowalski, que estará acompañada ao piano polo músico Samuel Serrano.

Esta actuación contará coa participación dos alumnos do Coro Aberto-Open Choir, que mostrarán ao público aprender durante o curso semestral no que se matricularon no centro universitario de educación a distancia pontevedrés.

A propia soprano Bonnie Marie Cooper Kowalski é a encargada de dirixir na UNED este curso.

A entrada a este concerto será totalmente aberta e gratuíta até completar o aforamento do salón de actos.

Será ademais unha forma de vivir o Nadal no centro universitario.

A UNED tamén lembra que aquelas persoas interesadas na música coral poden porse en contacto co departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais para informarse e mesmo ver a posibilidade de incorporarse como un membro máis do Coro Aberto-Open Choir.