'Soñadores', a loita por ser artista, unha nova novela gráfica de José Malvárez

Pontevedra
05 de novembro 2018
Actualizado: 09 de xaneiro 2019

'Soñadores' chega neste mes de novembro da man do autor José Malvárez Carleos, que nos ofrece a primeira historia longa que creou, e que publicou entre novembro e decembro de 2017

'Soñadores', de José Malvárez
'Soñadores', de José Malvárez / José Malvárez

'Soñadores' chega neste mes de novembro da man do autor José Malvárez Carleos, que nos ofrece a primeira historia longa que creou, e que publicou entre novembro e decembro de 2017. Agora, recupera esta novela gráfica para que os afeccionados ao cómic poidan ler a súa trama a diario en PontevedraViva.

En 'Soñadores' nárrase a historia dunha rapaza que volve á casa da súa infancia para cumprir o soño que tiñan ela e máis a súa nai: converterse nunha artista profesional. Para elo terá que afrontar os seus maiores medos e traumas do seu pasado.

Formado na escola pontevedresa de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético, José Malvárez non deixa de crear historias. O seu amplo traballo artístico pode comprobarse a través de www.piuley.es.

O debuxante e guionista colabora a diario en PontevedraViva. Ata o momento leva publicados os seguintes títulos neste xornal dixital: 'Reverso'; 'La Posada de las Historias''Narrador''Pura ficción''Viaxe en tren'; a historia curta, 'O hórreo' e 'Viaxes entre viñetas'.