O festival PortAmérica colgou colgou este mércores o 'non hai billetes' para a súa próxima edición, que se celebrará do 4 ao 6 de xullo na Azucreira de Portas.
Fíxoo a dúas semanas para a súa celebración, tras esgotar todos os abonos dispoñibles e tamén as entradas soltas para cada unha das súas tres xornadas.
Un 'sold out' como non se lembra, e é que tal e como lembrou a organización "por primeira na historia de PortAmérica, esgotáronse todos os abonos e entradas a dúas semanas do festival".
Na súa edición de 2024 o PortAmeríca contará este ano cun cartel que conxuga gastronomía e música que estrearán, no que se refire á súa oferta musica, o xoves 4 de xullo Vetusta Morla, Xoel López, Carlos Sadness, Toquinho, Standstill, Guadi Galego, Babasonicos, Galician Army e Mondra.
O venres día 5 subirán ao escenario pola súa banda Aitana, LIT Killah, Luz Casal, Shinova, León Benavente, Caloncho, The Rapants, Marilia Monzón, Besmaya e Sarria, pechando o festival o sábado 6 os artistas Juanes, Arde Bogotá, El Drogas, Lila Downs, Ilegales, Rodrigo Cuevas, El Columpio Asesino, Burning e Son Gallo Negro.