Sidecars inclúe Pontevedra no seu 'Modo Avión Teatro Tour'

Pontevedra
09 de novembro 2023

A banda madrileña incluu a Pontevedra na súa próxima xira de teatros, cun concerto que se celebrará o día 3 de febreiro no Auditorio de Afundación

Concerto de Sidecars na Praza de España nas Festas da Peregrina 2018 Diego Torrado

A banda de pop-rock Sidecars volverá a Pontevedra en 2024 dentro da súa xira 'Modo Avión Teatro Tour'.

A formación conformada por Juancho Conejo, irmán do tamén músico Leiva, xunto a Gerbass e Ruly, ofrecerá un concerto o próximo 3 de febreiro de 2024 no Auditorio de Afundación.

Sidecars actuará en Pontevedra nun formato moi diferente ao ofrecido en 2018 dentro das Festas da Peregrina, e farao despois de protagonizar unha extensa xira de presentación por todo o país de 'Trece', o seu sétimo disco de estudo.

Segundo sinala a promotora do concerto, en 2019 a banda realizou a súa primeira xira de teatros e desde entón "sempre tiveron os teatros en mente para volver facer un circuíto que lles levará de volta a eses escenarios tan especiais en formato electroacústico coa banda ao completo".

As entradas para este concerto poñeranse á venda este venres 10 de novembro ás 12.00 horas en Ataquilla cun prezo mínimo de 27 euros.