Os amantes do cinema negro da capital pontevedresa poderán celebrar este venres 14 o "día dos namorados" cunha nova sesión do ciclo ‘Entre Tebras’, no que se proxectan diversas obras do xénero de conspiracións.
Esta vez tócalle o turno a‘Sete días de maio’, do director estadounidense John Frankenheimer.A proxección, que será de acceso gratuíto, dará comezo ás 19.00 na Casa das Campás.
Sete días de maio’ é un thriller polítoco no que asistimos aos complexos entramados de intereses que seguen á firma dun acordo de desarme nuclear entre os Estados Unidos e a Unión Soviética. En plena guerra fría, a boa fe do presidente non é acollida co mesmo entusiasmo no senado nin nas ramas do exército, entre os que persiste unha sospeita sobre os soviéticos.
A cinta conta cun reparto cheo de estrelas de iconas do Hollywood clásico, con Burt Lancaster, Ava Gardner e o recentemente falecido Kirk Douglas.
Ficha
Título: Siete días de mayo
Director: John Frankenheimer
Ano: 1964
País: Estados Unidos
Duración: 118 min.