Segue esta comedia romántica do ilustrador José Malvárez Carleos: 'Ela e máis el'

Pontevedra
01 de marzo 2019
Actualizado: 13 de abril

Un mozo e unha rapaza que se coñecen desde sempre, un amor que comeza cunha tenra amizade. Que podería saír mal?

'Ela e máis el', de José Málvarez Carleos
'Ela e máis el', de José Málvarez Carleos / José Malvárez

José Malvárez Carleos, o autor que a diario nos sorprende cunha páxina das súas novelas gráficas, volve atraparnos coa súa nova historia: 'Ela e máis el'.

Nesta ocasión propón unha comedia romántica entre dous mozos, unha muller e un home que se coñecen desde sempre. Entre ámbolos xorde o amor tomando como base unha tenra amizade. Que pode saír mal?

Segue desde este 1 de marzo todo o que sucede entre estes dous protagonistas nunha nova historia escrita en lingua galega.

JOSÉ MALVÁREZ CARLEOS

Este ilustrador coruñés formouse  na escola de creadores gráficos de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético. O seu obxectivo é manter unha continua actividade creativa e o máis destacado do seu amplo traballo artístico pode lerse a través de www.piuley.es.

Cada día publica unha páxina das súas creacións en PontevedraViva, onde podes seguir a súa evolución. Ata o momento ten publicado os siguientes títulos neste periódico dixital: 'Soñadores'; 'Reverso'; 'La Posada de las Historias''Narrador''Pura ficción''Viaxe en tren'; a historia curta, 'O hórreo''Viaxes entre viñetas' e 'Escuridade'.