Santa Clara acollerá a décima edición das Xornadas sobre o Entroido de Galicia

Pontevedra
10 de marzo 2022

Sete conferencias formarán parte da programación da décima edición das Xornadas sobre o Entroido de Galicia, que se celebrarán esta fin de semana -os días 11 e 12 de marzo- na antiga capela do convento de Santa Clara

Santa Clara Mónica Patxot

Sete conferencias formarán parte da programación da décima edición das Xornadas sobre o Entroido de Galicia, que se celebrarán esta fin de semana -os días 11 e 12 de marzo- na antiga capela do convento de Santa Clara.

Esta cita cultural, coa que se pecha o Entroido de Pontevedra, recupera a presencialidade tras a pandemia, e ademais destes relatorios contarán con presentacións de libros e traballos e sesións divulgativas sobre elementos ou espazos concretos do entroido galego.

Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, entidade que organiza este evento, explica que "estas son as xornadas de referencia en toda Galicia no tema da divulgación e debate sobre o entroido galego".

O programa das X Xornadas sobre o Entroido de Galicia é o seguinte:

VENRES 11

18:10 horas. Carlos X. Ares: Presentación do caderno "Apegotes, burros e trangalladas" 

18:30 horas. Rafael Quintía: Presentación do caderno "O Entroido de Doade"

18:50 horas. Mª Ángeles Rodríguez Yáñez: "Periódico O Sil: 25 anos poñendo en valor a cultura do Entroido en Galicia" 

19:40 horas. Nieves Amado: "Rebordechao, un entroido durminte na Serra de San Mamede: o lugar de conexión entre Felos e Peliqueiros"

20:35 horas. Mesa redonda e coloquio final

 

SÁBADO 12

18:10 horas. Guillerme Ignacio Costa: Presentación do libro "Damas e ghaláns no entruido de Nergha"

18:30 horas. Mónica Vázquez e Antonio Sousa: "Entroido de Sande tras da máscara de arame e as plumas de ave" 

19:20 horas. Óscar González: "Mascaradas da Península Ibérica" 

20:15 horas. Mesa redonda e coloquio final