Pel e Pau, unha agrupación de música tradicional galega, logrou divertir e sorprender os centos de asistentes ao concerto que ofreceron este sábado na praza da Ferrería dentro da programación das Festas da Peregrina.
Os músicos lograron que o público coreara e acompañara con aplausos cada unha das pezas que interpretaban ata o punto de que no momento en que a banda cantou o 'Miudiño' a capella, centos de persoas sacaron os seus chisqueiros para acompañar o coñecido tema. Unha imaxe que un dos integrantes de Pel e Pau colgou en Facebook indicando a espectacular noite vivida en Pontevedra.