Revenidas, un festival "único e inimitable" que ten en Vilaxoán "a súa verdadeira estrela"

O Salnés
05 de setembro 2024

Xa está aquí unha nova edición do Revenidas. E os seus organizadores advirten que "nunca se viu algo tan grande nunha vila tan pequena". Así o destacou o seu director, Xoán Quintáns, na presentación do festival, que se celebrará en Vilaxoán entre os días 12 e 15 de setembro

Presentación do Revenidas 2024 Festival Revenidas

Xa está aquí unha nova edición do Revenidas. E os seus organizadores advirten que "nunca se viu algo tan grande nunha vila tan pequena". Así o destacou o seu director, Xoán Quintáns, na presentación do festival, que se celebrará en Vilaxoán entre os días 12 e 15 de setembro.

"A verdadeira estrela do Revenidas é a propia vila de Vilaxoán", engadiu Quintáns, que asegurou que isto é o que fai del un evento "único e inimitable" con propostas que só se ofrecen nesta cita cultural, como a sardiñada popular, a gala solidaria de circo ou os concertos a bordo dun barco.

En canto á proposta artística, o director do Revenidas indicou que se manteñen as liñas mestras que caracterizan ao festival, unha aposta maioritaria por grupos galegos, tanto consolidados como emerxentes, grupos que se achegan por primeira vez ao festival e clásicos internacionais.

O Revenidas 2024 arranca o mércores 11, ás 11:30 horas, coa celebración do roteiro guiado "Re-Descubre Vilaxoán" a cargo de Xurxo Souto.

Os concertos comezarán o xoves 12, unha xornada na que actuarán Lendakaris Muertos, Muchachito Bombo Infierno, Dakidarría, Tye Tyets, Balkan Paradise Orquestra, Mafalda, Vértebras, Trashtucada e La Duendeneta.

Os concertos do venres 13 correrán por conta de La Pegatina, Fillas de Cassandra, Narco, Miss Bolivia, ETS, Lontreira, Muyayo Rif, García MC & Nación Qilombo, Serial Killer Z e La Duendeneta.

O Revenidas acollerá o sábado 14 as actuacións de Tanxugueiras, Dubioza Kolektiv, El Kanka, The Rapants, Guadi Galego, Talco, La Fúmiga, Los Niños Jesús, Rebeliom do Inframundo, Xavi Sarrià, Catuxa Salom, Lágrimas de Sangre, Loita Armada, La Yaya DK e La Duendeneta.

O apartado musical da xornada do domingo 15 conta con Uxía Lambona e a Banda Molona, Os Terribles de Arousa, Mekanika Rolling Band, Caamaño & Ameixeiras e De Ninghures.

Os horarios desta edición do Revenidas son:

XOVES 12

18.00: La Duendeneta
18.30: Vértebras
19.20: The Tyets
20.30: Balkan Paradise
21.30: La Duendeneta
22.00: Lendakaris Muertos
23.20: Mafalda
00.25: Muchachito Bombo Infierno
01.50: Trashtucada
02.50: Dakidarría

VENRES 13

17.00: La Duendeneta
17.30: ETS
18.30: García MC & Nación Quilombo
19.30: Fillas de Cassandra
20.45: Lontreira
21.35: La Duendeneta
22.00: La Pegatina
23.40: Miss Bolivia
00.50: Narco
02.05: Muyayo Riff
03.05: Serial KillerZ 

SÁBADO 14

11.00: La Duendeneta
11.30: Catuxa Salom
12.30: Talco
13.45: La Duendeneta
14.15: Xabi Sarrià
15.20: The Rapants
16.25: Los Niños Jesús
17.30: Tanxugueiras
18.50: Guadi Galego
20.00: El Kanka
21.20: La Duendeneta
21.50: La Fúmiga
23.00: Dubioza Kolektiv
00.30: Lágrimas de Sangre
01.50: Rebeliom do Inframundo
03.00: Loita Amada
Fin de Festa: La Yaya DJ

DOMINGO 15

12.00: Os Terribles de Arousa
13.00: Uxía Lambona e A Banda Molona
13.30: Sardiñada Turismo Rías Baixas 
15.30: Mekanika Rolling Band 
17.30: Gala de circo solidaria
19.45: Caamaño & Ameixeiras
21.00: De Ninghures

Ademais dos concertos nos escenarios principais, volverán ao Revenidas citas clásicas como os concertos no barco Chalusa, con Mondra (13:00), Lontreira (15:00) e Catuxa Salom (17:00)  o sábado e con Monoulious Dop (13:00), Sés (15:00) e Fillas de Cassandra (17:00) o domingo.

Outra das actividades emblemáticas do festival Revenidas é a celebración o domingo da gala solidaria de circo. A deste ano dará comezo ás 17.30 horas e estará dedicada en solidariedade co pobo palestino. A entrada é de balde.

A gala acollerá unha sucesión de espectáculos de maxia, clown, música e circo protagonizados por Peter Punk, a actriz e narradora Cris Collazo, o clown Alfredo Pérez Muíño, a actriz, trapecista e bailarina Sue Moreno, o Mago Noel e o dúo Jack Jhonson e Jhon Jackson.

E, por último, a sardiñada popular do domingo este ano terá lugar no parque de dona Concha e con entrada libre, como todas actividades desa xornada. A partir das 13:30 horas poderanse degustar as que, segundo a organización, son as mellores sardiñas do mundo.